O próximo 14 de decembro encontrarémonos no II Congreso de Centros Comerciais Abertos e Centros Comerciais Urbanos de Galicia, no Centro Sociocultural Ensanche de Santiago de Compostela.
Un segundo congreso que estará centrado en compartir experiencias sobre a dinamización comercial e a xestión das nosas entidades, con mesas de traballo onde compañeiros e compañeiras de toda Galicia falarán dos seus proxectos.

O prazo de inscrición está aberto. Podes inscribirte ata o 11 de decembro a través do mail info@agaxecca.gal. A inscrición é gratuíta para persoas asociadas, e 30€ para non asociadas, e inclúe a asistencia ao Congreso, comida e 3h no párking Praza de Vigo.

AVANCE DE PROGRAMA
10:00 Acreditacións e recepción de asistentes.

10:15 Inauguración institucional.
Benvida Presidenta AGAXECCA D. Isabel Méndez, Xerente CCA Viveiro
Intervencións políticas

10:30 Xestión profesional dun Centro Comercial Aberto.
Como e cando debo presentar o imposto de sociedades?
Podo compatibilizar a exencion do IVA cunha actividade económica?
Compensa a declaración de utilidade pública?
Como compatibilizo as axudas públicas con ingresos por vendas?
Que opcións teño para conseguir traballadores subvencionados ou a baiuxo custe para o cca?
Existen axudas do estado ou de europa que poida solicitar dende o cca?

11:30 Pausa café + networking entre os participantes.

12:30 Mesa de traballo: exemplos de dinamizacion dun CCA.
Modera vice-presidente AGAXECCA. D. Emiliano J. Cossini Xerente Arteixo CCA.
Parte 1. Campañas de éxito e novos formatos.
Tarxeta Club CCA Ourense Centro, tarxeta de fidelización. Con Lorena Tato, xerente de Ourense Centro.
Pancha, moeda do comercio local, con Jesús Pérez de ACISA Ribadeo.
Bitfidelity, App de xestión, dinamización e fidelización. Con Cristina Silva de AECOR.
Desembarco Pirata, campaña temática, con María Gómez de EMBROBES.
Parte 2: apertura do debate ao público para preguntar dúbidas e falar de experiencias de fracaso.

————————————-
14:00 Xantar e networking entre os participantes.
————————————-

16:00 Mesa de traballo: xerencia profesional de centros comerciais abertos.
Modera Secretario AGAXECCA. D. Tomás Estévez, Xerente CCA Boiro.
Carmen Freire, Xerente CCA Carballo
Isabel Méndez, Xerente CCA Viveiro
Yonathan Carreira, Xerente CCA Estrela de Marín
Parte 1. A profesión de xerente de CCA.
Heteroxeneidade do perfil do xerente.
O xerente decide ou só implementa?
Relación xerente vs xunta directiva.
Relación coas administración públicas.
Profesión de xerente de cca; onde está o límite?
Parte 2. Apertura do debate ao público para que poidan aportar a súa visión sobre a profesión e plantexar as súas dúbida e inquedanzas do seu día a día.

18:00 Fin da xornada

#

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Asociación Gallega para la Gerencia de Centros Comerciales Abiertos y Zonas Comerciales Urbanas .
  • Finalidad Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios Asociación Gallega para la Gerencia de Centros Comerciales Abiertos y Zonas Comerciales Urbanas.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies