I Congreso CCAs e CCUs

Os vindeiros días 10 e 11 de marzo (vía telemática debido ás actuais restricións sanitarias) levarase a cabo o I Congreso
Galego de CCAs e CCUs.
O Congreso é gratuíto. Para asistir só será preciso enviar un correo electrónico a: congreso@agaxecca.gal antes do 9 de marzo ás 23.59 co nome completo, entidade da que se provén -de ser o caso- e teléfono de contacto.
Organizado por Arteixo CCA en colaboración coa Asociación Galega Xerencia Centros Comerciais Abertos,acollerá relatorios de expertos e mesas redondas nas que intervirán representantes de varias zonas comerciais urbanas do País Vasco, Canarias ou Portugal.
#comerciolocal #comercioseguro #CongresoGalegoCCAs #dinamizacioncomercial
Para consultar o programa do congreso, seleccionar este enlace e pegalo no navegador:
http://agaxecca.gal/wp-content/uploads/2021/03/programa-congreso-scaled.jpg

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies