Os vindeiros días 10 e 11 de marzo (vía telemática debido ás actuais restricións sanitarias) levarase a cabo o I Congreso
Galego de CCAs e CCUs.
O Congreso é gratuíto. Para asistir só será preciso enviar un correo electrónico a: congreso@agaxecca.gal antes do 9 de marzo ás 23.59 co nome completo, entidade da que se provén -de ser o caso- e teléfono de contacto.
Organizado por Arteixo CCA en colaboración coa Asociación Galega Xerencia Centros Comerciais Abertos, acollerá relatorios de expertos e mesas redondas nas que intervirán representantes de varias zonas comerciais urbanas do País Vasco, Canarias ou Portugal.
#comerciolocal #comercioseguro #CongresoGalegoCCAs #dinamizacioncomercial