Coa denominación de «Asociación Galega para a Xerencia de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas», constitúese como unha Asociación sen ánimo de lucro, ao amparo do artigo 22 da CE, que se rexirá polo disposto na Lei Orgánica 11/2002, de 22 de marzo reguladora do dereito de Asociación, polas normas complementarias que en cada momento lle sexan aplicables e polos Estatutos vixentes.
A asociación ten personalidade xurídica propia e capacidade plena de obrar para administrar e dispor dos seus bens e cumplir os fins que se propón.
 
A existencia da Asociación ten como fins os seguintes:

a) Promover o desenvolvemento social, económico e cultural dos centros comerciais urbanos ou abertos e a posta en marcha das fórmulas de xestión integrada dos mesmos.
b) Perseguir o recoñecemento dunha nova profesión, a de Xerente de Centro Comercial Urbano, así como fomentar a súa actividade laboral.
c) Defender os dereitos e a continuidade da propia Asociación.
d) Axudar á conformación dun marco legal a nivel de autonómico, nacional e europeo que posibilite a creación das Xerencias de Centros Comerciais Urbanos.
e) Perseguir a inclusión na Lei Reguladora das Facendas Locais de financiación complementaria de recargo de tributos con destino á xestión de Centros Comerciales Urbanos ou Abertos e Zonas Comerciais Urbanas.
f) Representar os intereses da Asociación en foros locais, provinciais, autonómicos, nacionais, europeos e internacionais.
Para o cumplimiento destos fins levaranse a cabo, con carácter xeral, as seguintes actividades:
a) Encontros e intercambios de experiencias tanto a nivel local, provincial, autonómico, nacional como a nivel internacional, fomentando os contactos permanentes coas Asociacións de Comerciantes e todas aquelas institucións que sexan do interés da
Asociación.
b) Organización de grupos de traballo entre os membros da Asociación que analicen e investiguen todas aquelas accións que puideran ser de interés para o cumplimiento dos fins da Asociación.
c) Desenvolvemento de accións de investigación e formación multidisciplinar relativa a todos aqueles ámbitos que inciden na xestión dos centros comerciais abertos ou urbanos.
O ámbito territorial de actuación é da Comunidade Autónoma de Galicia, contando nestos momentos co 90% dos xerentes de CCA adheridos á Asociación.

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies